Fin de semana positiva para o CD Trives. Na xornada do sábado 9 de novembro o equipo sénior de fútbol empataba co Salamonde a domicilio tras unha gran remontada e, na mañá deste domingo día 10, disputaban os seus correspondentes partidos de fútbol sala os equipos benxamín e alevín das Escolas Deportivas, no pavillón municipal da Pobra de Trives.
Os benxamíns perdían 2-10 contra Secundino Basalo (goles locais de Adrián Pérez e Martín Hervella); mentres que os alevíns vencían 8-2 ao Ourense B, cos goles de Adrián Vázquez (x3), Iago García (x2), Hugo Rodríguez (x2) e Unai Castro.
Ademais, o xogador Adrián Pérez Codesido foi convocado pola selección de Ourense de fútbol sala mixto na ategoría benxamín.
Fotos cedidas.