Se o ano 2021 remataba coa celebración da primeira xornada da Liga Galega de Karate Infantil, en Ferrol, o 2022 comezaba cunha nova competición, desta volta a nivel nacional, que se está celebrando en Santiago de Compostela.
Trátase da Liga Española de Karate na que compiten nove karatekas do KC River Stone do Barco: Eric Rodríguez Carballo e Manuel Blanco Blanco (en kata benxamín masculino); Diego prada Rodríguez e Nazan Barreda Fernández (en kata infantil masculino); Hugo Álvarez Pérez e Brian Rodríguez Carballo (en kata xuvenil masculino); Leyre Paradelo Ambrinos (en kata benxamín feminino); e Cloe Yáñez González e Aina Moral Castro (en kata infantil feminino).
Os nenos competían na xornada deste sábado 22 de xaneiro, sendo Manuel Blanco Blanco o único que lograba chegar á final, repetindo o terceiro posto que xa conseguira na liga galega, coa correspondente medalla de bronce.
As féminas, Leyre, Cloe e Aina, competirán mañá pola mañá.
Fotos cedidas.