OurenseÚltima hora

O Bispado de Ourense suspende as tradicionais procesións de Semana Santa

Imaxe da procesión do “Santo Enterro” en Ourense no ano 2019./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende o Bispado de Ourense vén de informarse da suspensión das procesións na vindeira Semana Santa e todo tipo de cultos no espazo público. “Tendo en conta o nivel de incidencia da pandemia do Covid-19 no momento actual, infórmase de que este ano non se celebrarán as tradicionais procesións de Semana Santa, nin ningún acto ou manifestación de culto na vía pública. As celebracións litúrxicas de Semana Santa desenvolveranse nos templos, cumprindo as limitacións de aforo vixentes e todas as medidas de seguridade, sendo unicamente as procesións e actos que se desenvolven en espazos públicos os que quedan suspendidos”, tal e como informa o Bispado de Ourense.

Ademais, “convídase os fieis a participar de modo consciente, fructuoso e activo nas celebracións litúrxicas, especialmente as do Triduo Pascual. Unha invitación que se fai extensiva tamén á vivencia efectiva da caridade, tan necesaria nestes momentos”, aseguran dende o bispado.

Finalmente, o bispo de Ourense anima aos fieis para “intensificar a oración, coa intercesión de San Xosé en este o seu Ano Santo, pedindo por todos os que sofren por mor da pandemia e polo final da mesma”.

Artigos relacionados

Back to top button