Galerías de fotosÚltima hora

O bispo de Astorga preside a misa de “acción de grazas” pola canonización de Pablo VI, no colexio da Rúa

Agora, o centro rues que conta con alumnos dende Educación Infantil ata Bacharelato, chámase San Pablo VI-Fátima

Na mañá do 26 de outubro os alumnos do colexio Pablo VI-Fátima da Rúa recibían unha visita moi especial. O bispo de Astorga José Antonio Menéndez, achegábase ao centro escolar rues para presidir a misa “de acción de grazas” pola canonización, o 14 de outubro, de Pablo VI, o Papa da humildade.

A eucaristía estivo concelebrada por numerosos sacerdotes vinculados ao colexio e contou coa actuación musical do coro, como o acto central da xornada na que se cambiaba o nome do colexio que dende ese día é Colexio Diocesano San Pablo VI-Fátima.

 

Artigos relacionados

Back to top button