O BNG critica nas rúas de Ourense a “falta de prazas públicas” nas escolas infantís
12 de Setembro de 2016
A formación propón crear máis para satisfacer a demanda de 147 familias en toda a provinciaOs nacionalistas fixeron campaña esta mañá nas rúas de Ourense. // Foto: S.D.
Membros do BNG de Ourense coa súa candidata Noa Presas á fronte repartiron esta mañá folletos polas rúas da cidade para protestar pola “falta de prazas públicas” nas 23 escolas infantís de toda a provincia. Así, aproveitando o inicio do curso escolar, os nacionalistas trouxeron a escea unha problemática que afecta a máis dun cento de familias.
“147 familias fican sen posibilidade de conciliación familiar porque o goberno do Partido Popular non adica recursos a escolas infantís”, rezaba o díptico que entregaban aos transeúntes. Cren que se trata dun recurso “esencial para favorecer o aumento da natalidade na provincia máis envellecida” e propoñen mudar a situación apostando pola creación de máis prazas públicas.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.