Eleccións municipais 2023PolíticaÚltima horaVídeos

O BNG da Rúa presenta unha lista “renovada e con vocación de goberno” de cara ás eleccións municipais

Conta con sete caras novas e unha maioría feminina

 

Un total de 21 persoas, 11 titulares e 10 suplentes, conforman a candidatura do Bloque Nacionalista Galego nestas eleccións municipais para o concello da Rúa, encabezada por María González Albert, que xa se presentara como candidata á alcaldía no pasado mes de decembro, e que conta nesta nova andaina con Avelino Fernández Seco e Marcos Fernández, ambos concellais en activo na Rúa, como número dous e tres respectivamente.

 

A cabeza de lista, María G. Albert.

 

Na presentación, que tiña lugar na tarde deste luns 24 de abril, o BNG daba tamén a coñecer o local de campaña situado na rúa Progreso 52, “un espazo céntrico na vila que esperamos sexa punto de encontro para a xente que queira vir e comentar as súas dúbidas e inquedanzas en relación aos vindeiros catro anos”, dixo González Albert, acompañada no acto por varios membros da candidatura. “Un equipo”, en palabras da candidata, “orgulloso, plural e traballador que vai dar o mellor para seguir camiñando colectivamente pola Rúa”.

 

Lista completa./ Foto cedida.

 

A candidata do BNG sinalou que é para ela “un orgullo” encabezar para estas eleccións una candidatura que, “máis aló de personalismos e liortas internas, ten como único obxectivo o ben común do noso concello”. Por iso entende que o próximo 28 de maio van ter “uns resultados históricos sendo a forza política que máis suba na Rúa”.

María quixo facer tamén unha mención especial ás pesoas que estiveron presentes na lista de 2019 e que non continúan na actual para dar paso á renovación. Entre eles, Marisa Nogueira, Patricia Rodríguez, José Barrio, Francisco José Núñez e Eva Fernández. Doutra banda destacou o papel dunha persoa que, “non facendo parte da lista definitiva, está a desenvolver un papel central dentro da precampaña e a campaña do BNG, Cristian (Titi) Ladrón de Guevara Yepes, unha persoa comprometida, con vocación de servizo público, que está destinada a desenvolver un papel importante na política local da Rúa nos próximos anos”.

 

Exterior do local do BNG para a campaña electoral./ Foto cedida.

 

Con respecto á lista, María G. Albert destacou á numero 4, Cristina Vaamonde, unha das novas incorporacións e “veciña da Rúa e unha persoa autónoma que rexenta un comercio no centro da vila”; e a Vanessa Corcoba veciña de Vilela e Roberto Quiroga que veñen da anterior lexislatura, ambos moi comprometidos politicamente. Tamén hai veciños da Rúa Vella, de Roblido, pechando a lista Germán Alejandre que foi concelleiro ata hai pouco.

“Xente con experiencia e xente totalmente nova que darán eses aires novos que necesita a política municipal e que fuxe da dinámica que vivimos estes últimos catro anos”, dixo González Albert aventurando que “o resultado das eleccións será moi bo para o Bloque Nacionalista Galego, porque temos un programa de goberno que cremos que é o mellor para este concello e atende a todas as necesidades da Rúa que son moitas e moi variadas”.

 

 

CANDIDATURA DO BNG NA RÚA

1. Maria González Albert
2. Avelino Fernández Seco
3. Marcos Fernández González
4. Cristina Vaamonde Blanco
5. Vanessa Corcoba González
6. Roberto Quiroga López
7. Álvaro Rodríguez Casado
8. Adelaida Barrio Fana
9. Mercedes Esteban Prieto
10. Antonia González González
11. Germán Alejandre Salgado

SUPLENTES

  1. Manuel Ángel Durán Blanco
  2. Auria Fernández Blanco
  3. María Jesús Arroyo Allo
  4. Fernando Rodríguez Díaz
  5. Elena Nogueira Pérez
  6. Manuel Sánchez Rodríguez
  7. Mª Mar Fernández Seoane
  8. Jorge Rodríguez Estévez
  9. Alejandrina Rodríguez Fernández
  10. Xoaquín Pérez Fernández

Fotos: Carlos G. Hervella.
Vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button