PolíticaÚltima hora

O BNG de Ourense insta ao PP a “asinar canto antes a moción de censura”

Luis Seara, concelleiro e responsable local do BNG de Ourense.

 

Tralo anuncio feito público esta mañá por parte do portavoz do grupo municipal do PSdeG-PSOE de que se bota a un lado, tal e como lle solicitaba o Partido Popular para propiciar a
sinatura dunha moción de censura contra o actual rexedor Gonzalo P. Jácome, desde o BNG instan ao PP a que dita sinatura se produza canto antes.

Os nacionalistas indican que xa no mes de setembro de 2020 e como consecuencia dunha moción presentada en pleno polo BNG no que se solicitaba a dimisión do alcalde e que gobernara a lista máis votada, 24 dos 27 membros da corporación votaron a favor.

“Desde entón, tanto PP como PsdeG-PSOE limitáronse a por escusas e vetos cruzados sen pensar no conxunto da veciñanza. Meses nos que a parálise e o caos dentro do concello vai en aumento, cun alcalde ser proxecto de cidade e sen peso político”, asegura o BNG de Ourense.

Desde a formación nacionalista tamén recordan que levan “repetindo ate a saciedade nos últimos meses, que o terceiro concello do país non se pode gobernar soamente con tres persoas”.

Por todo o anterior, e “á vista de que a condición que esgrimía o PP para non asinar a moción de censura e que se centraba na propia persoa de Rafael Rodríguez Villarino xa non é tal, trala renuncia desta mesma mañá, o BNG agarda a que asinen a moción de censura o antes posíbel xa que non hai escusa que xustifique o contrario”, indica o BNG de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button