PolíticaÚltima hora

O BNG de Viana anuncia un recurso contencioso para pedir a nulidade da moción de censura de setembro

Alguns dos participantes na Asemblea Local do BNG que se celebrou o 30/3/21 na que se deu conta do recurso presentado e no que participaron os membros da executiva nacional do BNG, Bieito Lobeira, Noa Presas e a responsabel comarcal de Monterrei Samanta Barreira.

 

A asemblea local do BNG de Viana do Bolo vén de decidir presentar no Xulgado Contencioso Administrativo de Ourense unha demanda en contra da convocatoria do pleno da moción de censura celebrado o pasado 1 de setembro no que resultaba elixido alcalde Abelardo Carballo.

“Naquel pleno os votos do PP de Andrés Montesinos e dous tránsfugas do PSOE apartaron antidemocraticamente, e agora demóstrase que tamén ilegalmente, da alcaldía a Secundino Fernández Fernández”, aseguran dende o BNG de Viana do Bolo.

Ademais dende esta formación din que a sentenza da Sección Cuarta da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Supremo indica que o pase a concelleiro non adscrito “impide que se asuman cargos ou perciban retribucións que antes non exercían ou percibían e que impliquen melloras persoais, políticas ou económicas”.

Neste senso, anuncian que, “unha vez analizada dita sentenza polos servizo xurídicos do BNG e a vista do rexeitamento ao recurso extraordinario de revisión que presentaramos ante o Concello o pasado novembro optouse por presentar un recurso contencioso administrativo”.

O BNG de Viana espera que “este recurso se resolva o máis rápido posible e repoña a normalidade democrática no Concello de Viana do Bolo”.

Artigos relacionados

Back to top button