PolíticaÚltima hora

O BNG do Barco dá a coñecer a lista completa coa que concorrerá ás eleccións do 28M

Encabezada por Suso Vilasánchez, os números dous e tres serán, respectivamente, Manuel Agra e Noa Fernández

Suso Vilasánchez, cabeza de lista do BNG no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Apenas uns días despois da presentación do candidato á alcaldía do BNG no Barco, que será novamente Suso Vilasánchez, esta formación política vén de facer pública a lista completa coa que se presentará as vindeiras eleccións do 28 de maio neste municipio.

Para seu coñecemento remíteselles listado completo de candidatos do BNG para o Concello do Barco nas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio de 2023

CANDIDATURA DO BNG NO BARCO, TAL E COMO A PRESENTA ESTA FORMACIÓN POLÍTICA

1. José Jesús Vilasánchez Feijóo
É concelleiro do BNG no Barco e foi Responsable Comarcal do Bng en Valdeorras. Enfermeiro de PAC, ocupou diversos cargos no Hospital de Valdeorras incluída a Dirección de enfermaría, da que dimitiu por discrepancias co rumbo que se lle estaba dando á sanidade da comarca. Coñecido activista na defensa da sanidade pública valdeorresa e na defensa da cidadanía, participando activamente nas reivindicacións de preferentistas e emigrantes retornados. Agora inmerso no desenvolvemento da vila en todos os seus aspectos.

2. Manuel Agra Villar
Profesor xubilado de Lingua Galega e Literatura do IES Martaguisela do Barco. Amante e defensor comprometido coa nosa comarca. Foi Responsable Comarcal do BNG en Valdeorras

 

Manuel Agra, número 2 do BNG no Barco.

 

3. Noa Fernández Gómez
Avogada de profesión. Participante nos movementos estudantís a través dos CAF (Comités Abertos de Facultade). Formou parte da Xunta de Facultade de Dereito e do Claustro da USC, defendendo os intereses do Estudantado. Militante activa no asociacionismo xuvenil. Foi Responsábel Nacional de Organización de Galiza Nova, e Responsábel Nacional da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova

4.  Javier Rocha Rivera
Enxeñeiro informático pola facultade de Ourense , casado e sen fillos que coma outros barquenses saíu fóra para seguir formándose na Suecia e traballar na Irlanda. Voltou á vila vai uns anos pra estar máis preto das súas orixes

5. Blanca María Rodríguez Ávila
Administrativa, implicada na defensa do país e feminista.

6. Manuel Agra Sánchez
23 anos, Graduado en Historia pola USC, estudante do Máster de profesorado na U. Vigo. Militante de Galiza nova dende os 16 anos

7. Luisa Gómez Vidal
Licenciada en Historia, traballa nunha asesoría da vila, e dende que se creou o BNG na comarca sempre foi unha das nosas candidatas ao Concello. Participou sempre nos movementos estudantís e xuvenís

8. Ramona Iglesias Árias
Enfermeira, sindicalista de xoven, moi preocupada polo rumbo da Sanidade Pública na comarca

9. Manuel Carlos Caramés Varela
Pediatra da Atención Primaria do Barco, aficionado ao teatro, e comprometido con Valdeorras e Galiza

10. Daniel Calvo Rodríguez
Graduado en Filoloxía Galega e Lingüística pola USC

11.  Lidia Moscoso Naya
Enfermeira no Hospital de Valdeorras,

12. Miguel Angel Rodríguez Ávila
Barquense preocupado pola destrución da sanidade pública. Celador no Hospital de Valdeorras

13. Concepción Rodríguez Rodríguez
Mestra xubilada

14. Telmo Manuel Fernández Gonçalves
24 anos, Graduado en Historia pola USC, cun mestrado en Historia Contemporánea con TFM sobre a biografía de Florencio Delgado Gurriarán, tema do que ten dado numerosas palestras. Actualmente está cursando o mestrado do profesorado na Universidade de Burgos

15. María Fernández Rei
Traballadora na Administración Pública . Formou parte de varias candidaturas do BNG

16. Lorena Blanco García
26 anos, enfermeira, defensora da sanidade pública e contra o desmantelamento do Hospital do Barco. Implicada en facer un proxecto de vila que xire en torno ao benestar social, onde o Hospital de Valdeorras sexa o de referencia para toda a comarca, un hospital ben dotado da tecnoloxía e persoal que evite os desprazamentos que poñen en risco a atención, seguridade ou incluso a vida dos nosos veciños e veciñas

17. Xoaquín Carlos Freixeiro Álvarez
Mestre do CEIP Condesa de Fenosa. Músico. Foi concelleiro do BNG

SUPLENTES

1. Juán José Rodríguez Rodríguez
Xubilado, militante histórico no galeguismo, e defensor do seu concello e da interconexión urbano rural. Fillo dunha muller represaliada e encarcerada acusada de ser unha enlace da guerrilla antifranquista
2. María Victoria Sánchez Regueiro
Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola USC en 1997. Entre o ano 2000-2017 exerceu como docente no IES Martaguisela do Barco. Milita activamente no BNG dende o 2011
3. VÍtor Manuel Sierra Nieves
Vitor Sierra é xestor cultural, curador de arte e profesor. Implicado en varios activismos como o independentista, feminista, LGTB, cultural e da nosa lingua. Para el todas as loitas son unha. Comezou aos 15 anos en Galiza Nova da que foi Responsable Comarcal. Foi peza chave na Plataforma Sanitaria cando se desmantelou a área de Valdeorras e foi concelleiro do BNG no Barco

Artigos relacionados

Back to top button