PolíticaÚltima hora

O BNG Valdeorras denuncia un novo recorte no servizo ferroviario na comarca

Estación de A Rúa-Petín. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Ante a nova sobre a previsión de Renfe de “suprimir o servizo ferroviario directo entre Ponferrada en Vigo” que pasa pola comarca de Valdeorras, o Bloque Nacionalista Galego denuncia “este novo corte no servizos públicos da nosa comarca, un achazo nas comunicacións”, asegura a deputada nacionalista no Parlamento galego, María G. Albert, explicando que o tren rexional que cubría a ruta Ponferrada-Vigo no horario de mañá “permitíanos facer este percorrido en 4 horas e cuarto e agora obrigarán ás valdeorresas e aos valdeorreses que queiran utilizar este servizo, a facer unha parada de ata dúas horas na cidade de Ourense, con todo o que implica, facer trasbordo, agardar na cidade, co cal o traxecto pasará a durar seis horas”.

Dende o BNG aseguran que “é impresentable e indecente e non estamos dispostos a aceptar este novo atentado contra a xente de Valdeorras. Merecemos uns servizos públicos de comunicación dignos e Renfe ten que cumprilo. Non pode ser que todo vaia sempre contra os mesmos e sexamos sempre os veciños das vilas do interior, máis despoboadas e incomunicadas, os que paguemos os pratos rotos da crise”, conclúe González Albet.

 

Horarios antes do recorte.

 

Horario despois do recorte.

Artigos relacionados

Back to top button