En portadaÚltima horaVídeos

O Bolo celebra unha exitosa Feira Irmandiña no entorno do Castelo

A idea do Concello é promocionar os produtos tradicionais da zona e tamén a súa historia

 

Paisaxísticos, gastronómicos, agropecuarios (centrados na viticultura e na gandeiría), relixiosos, históricos… Son os encantos cos que conta o municipio do Bolo, aínda que son dous os eixes sobre os que se asenta o potencial turístico deste concello da comarca de Valdeorras: o Santuario das Ermitas e o Castelo.

 

 

E sobre este último, directamente vencellado á historia do Bolo, e os produtos de calidade que no municipio se elaboran, xira a Feira Irmandiña que se celebra na xornada deste luns 14 de agosto, no entorno da praza, con gran afluencia de público. Dende as 11 e ata as 21 horas, esta localidade valdeorresa regresa ao medievo acollendo unha ducia de postos con produtos tradicionais da vila e podos da contorna (viño, aceite, mel e sobre todo embutidos), así como algún de artesanía. No

 

 

A calidade dos produtos boleses, moi especialmene embutidos como xamón ou chourizo, está fóra de toda dúbida. De feito un dos reis da praza ao longo da mañá foron os Xamóns Cambela, que recibía numerosos clientes dispostos a degustar o suculento aperitivo.

 

 

A idea da feira parte dun feito singular que ocorreu no castelo no século XV, o asalto á fortificación por parte dos Irmandiños, que provocou a destrución de parte da edificación e a súa posterior reconstrución. Esta é unha parte da historia deste castelo pouco coñecida e única na comarca de Valdeorras, que dende o concello queren promocionar e poñer en valor.

 

 

Os postos estarán abertos durante todo o día na praza ao lado do castelo e nos arredores haberá xogos para os nenos. A música e a historia están presente con cantos de taberna tradicionais e visitas guiadas de balde ao Castelo.

 

 

Cunha gran afluencia de público ao longo da maña e coordinada por Protección Civil do Bolo para axilizar o acceso e a circulación de vehículos, esta primeira edición da feira está sendo todo un éxito cunha gran ambietación e moita xente caracterizada, algo que pretendían dende a organización.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Verónica Vieira.
Vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button