OurenseÚltima hora

O Bosque Máxico descubre os seus sabores

Trátase dunha ruta gastronómica por 22 establecementos de hostalaría das Terras de Celanova e Baixa Limia
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

A Asociación O Vieiro Leboreiro vén de presentar a iniciativa “Sabores do Bosque Máxico”, na que se aposta pola promoción de tres produtos das Terras de Celanova e Baixa Limia: a carne de vacún de raza Cachena (orixinaria desta zona), os cogumelos e a mazá chamada “boi encarnado”. Esta campaña desenvolverase nas fins de semana do 11 de outubro ao 10 de novembro e nela participarán 22 establecementos (restaurantes, taperías e casas de turismo rural) destas zonas ourensás. Os prezos dos pratos ou menús irán dos 15 aos 20 euros, mentres que no caso das tapas oscilarán entre os 2 e os 5 euros.

“Pretendemos que sexa unha boa excusa gastronómica para vir coñecer as nosas comarcas, de paso que se degusta un prato distinto e peculiar. Deste xeito tamén queremos contribuír a descubrir e potenciar a produción, tanto de carne de raza cachena como de cogumelos e deste tipo de mazá”, aseguraban os promotores da campaña no acto de presentación, celebrado o 9 de outubro no Liceo de Ourense.

Texto: A.R. Foto: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button