OurenseÚltima hora

Excaceradas 2 persoas tras sufrir un accidente de tráfico en Celanova

 

Os membros do GES-SPEIS de Celanova interviñan na mañá deste xoves para excarcerar a dúas persoas que sufriron un accidente cando circulaban pola OU-0209, á altura do punto quilométrico 9, ao seu paso pola parroquia de Milmanda, segundo vén de informar o 112 Galicia.

“Foron os axentes da Garda Civil de Tráfico os que chamaron ao 112 Galicia, ás 10:15 horas, para solicitar axuda para os ocupantes dun turismo, envorcado na estrada de Leirado, no concello de Celanova. Durante a comunicación cos xestores do 112 indicaban que as persoas non eran capaces de abandonar o vehículo polos seus propios medios”, tal e como indica o 112 Galicia.

Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxo a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES-SPEIS Terras de Celanova e dos axentes da Policía Local.

O operativo foi completo polos efectivos de Protección Civil da localidade e do servizo de mantemento das estradas.

Artigos relacionados

Back to top button