OurenseÚltima hora

O Botánico de Montealegre encherase de cor cunha exposición de camelias

A mostra está organizada pola Asociación Ibérica da Camelia e abrira as súas portas na primeira fin de semana de febreiro de 12:00 a 18:00 horas
Jesús Vázquez e Jorge Pumar cos responsables da Asociación Ibérica da Camelia.

A exposición de Camelias, que encherá de vida e de cor o parque de Montealegre a primeira fin de semana de febreiro. Este evento está organizado pola Asociación Ibérica da Camelia.

Máis dun millar de especies desta flor, moi representativa do territorio, farán as delicias dos amantes do cromatismo, o aroma e a viveza das camelias. “Porque as flores son tendencia, e hai ata un sector turístico en auxe onde os “bloomies”, ou afeccionados á arte floral que nos regala a Natureza, elixen destinos turísticos para disfrutar da eclosión destas xoias naturais”, sinalou o alcalde, Jesús Vázquez.

É por iso que a próxima fin de semana inaugurarase, no Botánico de Montealegre, inaugurarase esta exposición que por vez primeira recala na cidade. O Botánico abrirá esta mostra desde as 12 da mañá e estará dipoñible ata as 18:00 horas do domingo 5 de febreiro.

Jesús Vázquez agradeceu expresamente á Asociación Ibérica da Camelia, personalizado no seu presidente, José María Mouta Asorey, e no seu presidente de honra, Fernando Vila “o seu esforzo e traballo constante pola divulgación e protección desta flor tan nosa. Os visitantes a esta exposición poderán coñecer os segredos e os mellores coidados para que as camelias de Ourense sigan lucindo como nunca”.

“Sen dúbida, un plan perfecto o da próxima fin de semana, co Montealegre como anfitrión de excepción para unha exposición singular, nunca antes vista en Ourense, e moi recomendable”, concluiu o alcalde da cidade.

Artigos relacionados

Back to top button