DeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

O C.D. Barco lévase o “derbi rojillo” en Calabagueiros

Os de Manolo Peréz vencían 3-2 aos de Fernando Currás na 9ª xornada de terceira división

 

O equipo sénior do Centro de Deportes Barco continúa en racha, anotando a sexta vitoria no que vai de liga, desta volta conta a U.D. Ourense, no campo de Calabagueiros.

O derbi “rojillo” como o deron en chamar no Barco (o vermello predomina nas equipacións de ámbolos dous equipos aínda que hoxe a UDO xogou de branco), comezaba na tarde do 20 de outubro cunha inesperada visita. Pipi Estrada, xornalista deportivo e colaborador en programas de televisión facía o saque de honra diante da afección, recibindo unha camiseta como agasallo por parte do presidente do C.D. Barco Daniel Ramos, e de seguido arrancaba o encontro.

 

 

Durante boa parte do primeiro tempo o conxundo ourensán que dirixe Fernando Currás tivo o control do balón con numerosas oportunidades, moitas delas paradas polo gardameta local, Iván, pero era Juanito Bazo quen abría o marcador para o Barco co primeiro gol no minuto 43.

Tralo paso polo vestiario Ivi Vales anotaba o segundo para o Barco no minuto 51 e David Álvarez poñía o 3-0 no 54′. Aínda quedaba moito partido e Hugo recurtaba distancia co 3-1 no minuto 77. Once minutis máis tarde Iago marcaba o segundo para os visitantes que a piques estiveron de empatar o encontro aínda que finalmente os de Manolo Pérez aguantaron o tipo, mantendo o resultado 3-2 final.

Con esa nova vitoria, os valdeorreses suben ao terceiro posto da clasificación en terceira división a tres puntos do líder, o Ourense CF. A seguinte cita será na Estrada.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button