En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O C.D. Barco vence ao filial do Lugo en Calabagueiros

O gol de David Álvarez daba a vitoria aos barquense no partido disputado contra Polvorín F.C.

Continúa a boa racha para o C.D. Barco en terceira división, sumando a segunda vitoria en quince días. Despois do empate ante o Deportivo Fabril e a vitoria no campo do Rápido de Bouzas, os rapaces de Manolo Pérez volvían puntuar, desta volta cos tres puntos conseguidos en Calabagueiros ante o filial do Lugo.

O partido, disputado na tarde do 8 de marzo, traía ao campo barquense a un Polvorín que se mantén na metade da clasificación, para enfrontarse a un Barco que segue pelexando na zona alta da táboa, en postos de promoción. Tras unha primeira parte sen goles, no que o partido podía decantarse por calquera dos dous equipos, eran os locais quenes se adiantaban no marcador cun gol de David Álvarez no minuto 63. A partir de aí os lucenses loitaron con uñas e dentes por lograr o empate e a piques estiveron nun par de ocasións, pero finalmente o colexiado pitaba o final, manténdose o resultado 1-0.

 

 

Tres puntos de ouro para o Barco que sumaba 47 (os mesmos que o terceiro clasificado, o Arousa), no partido no que o xuvenil barquense Diego López debutaba co primeiro equipo en Calabagueiros. A seguinte xornada, a 28ª, levaráos ata O Couto para disputar o segundo derbi da tempada ante a U.D. Ourense (O Barco vencía no partido de ida disputado en Calabagueiros).

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button