CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

O C.D. Rúa regresa á competición esta fin de semana no campo Vicente Solarat

O equipo de Segunda Galicia xogará o sábado 23 de outubro ás 16:30 horas contra Parada do Sil C.F.

Un xogador do Rúa nun dos últimos partidos disputados o ano pasado antes da pandemia. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Despois de máis dun ano e medio sen xogar, o C.D. Rúa regresa esta fin de semana á competición.

Será o sábado 23 de outubro a partir das 16:30 horas, cando o equipo de Segunda Galicia Ourense (Grupo 3), salte ao terreo de xogo en casa, no campo de herba artificial Vicente Solarat, para disputar o primeiro partido desta tempada ante ao Parada do Sil C.F. O resto de equipos comezarán máis tarde.

Para esta campaña, a Federación Galega de Fútbol fixo unha reestruturación da competición por zonas, quedando no grupo 3 os tres equipos do oriente ourensán: Rúa, Trives e Viana e ámbolos tres comezarán en casa. Os vianeses xogarán nos Carrís contra o Paderne e os triveses no Agro contra Vilar de Barrio.

Artigos relacionados

Back to top button