
No ano 2019 o Club Deportivo Rúa cumpre 50 anos. Unha data máis que significativa que dende o Concello quixeron destacar. Por iso, na última comisión de cultura decidían que recibise unha das homenaxes a entidades e personalidades cuxa labor mereza ser destacada, instaurada hai uns anos no marco da Festa do Codillo que este ano terá lugar o 26 de xaneiro, cos actos previos o e posterior xantar no pavillón.
A outra homenaxe será para Vicente Solarat Maceda, non só pola súa faceta como concelleiro que foi durante parte das dúas décadas que o seu fillo foi alcalde da Rúa, senón porque durante moito tempo foi o responsable do mantemento da zona do Aguillón “conseguindo que hoxe sexa o que é, un dos principais lugares de esparexemento que teñen os veciños da Rúa”, explica o alcalde Luis Fernández Gudiña, asegurando que “é unha débeda que tiñamos con el”.