DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O C.D. Viana suma tres importantes puntos ante o Atl. Arnoia

Co 4-3 remataba o partido correspondente á xornada 30ª en primeira autonómica disputado no campo das Carrelas

Con paixón se desenvolvía o partido da xornada 30ª e primeira autonómica entre o C.D. Viana e o Atl. Arnoia. E non é para menos xa que o conxunto vianés precisa dos puntos en xogo para seguir afastándose da zona de perigo.

A falta de catro partidos para o final de liga, os rapaces de Julio Couso sitúanse a dous postos do descenso, empatado a 33 puntos co Francelos e o Cortegada, polo que cada punto é de ouro.

Os tres últimos sumábaos na tarde do 9 de abril no campo das Carrelas. Ás cinco comezaba o partido no que os locais conseguían adiantarse no marcador con ata tres goles de vantaxe e a piques estiveron de empatar os do Arnoia. Ao final todo quedou nun susto e co 4-3 no marcador, os celestes sumaron os tres puntos cos que manteñen o soño de lograr a permanencia, nunha complicada tempada na que se estreaban na primeira autonómica.

Para animar ao equipo con paixón e desfrutar dunha soleada tarde, numeroso público enchía as bancadas do campo de fútbol de Viana do Bolo, unha imaxe que vén repetíndose ao longo de toda a liga e que tanto xogadores como directiva, agradecen.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button