O secretario xeral da Lingua, Valentín García, asistiu hoxe no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) á gala de entrega dos XX premios literarios Frei Martín Sarmiento deste curso así como os correspondentes ao certame audiovisual REC.curta, organizados por Escolas Católicas coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua.
A regueifeira Lupe Blanco conduciu a gala, que foi inaugurada Valentín García, acompañado por María Teresa Iglesias, presidenta de Escolas Católicas. O salón de acolleu as máis dun cento de persoas entre o alumnado, os autoras e autores recoñecidos como obras gañadoras desta vixésima edicións dos Sarmiento e os seus editores.
Na súa intervención na entrega de premios, Valentín García puxo en valor estes premios por estimular a creatividade en lingua galega en diversas xeracións e a través de diversos medios. Ademais, considerou que son mostra da versatilidade e das posibilidades que lles ofrece aos máis novos a lingua propia de Galicia.
Premios Sarmiento
Máis de 3.000 alumnos e alumnas, tras ler as obras finalistas, emitiron as súas valoracións para escoller as obras gañadoras das sete categorías. O título seleccionado na categoría Infantil foron Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco e Sonia García, como ilustradora, editado por Galaxia.