
Entre os establecementos que, tras decretarse o estado de alarma polo COVID-19, seguen atendendo encargos por teléfono está o Café-Bar Lisboa do Barco. En concreto, traballa con encargos da súa coñecida tortilla, que entrega a domicilio a cada un dos seus clientes. Os encargos poden realizarse no teléfono 607971804.
Os establecementos que continúen dando este tipo de servizos e queiran difundilo a través da edición dixital de OSIL.info poden facelo enviando información e unha fotografía ao enderezo redaccion@osil.info.