ConcellosÚltima hora

O Camiño de Inverno nas redes sociais

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno celebra o Día do Camiño 2021 inaugurando as contas de Facebook e Twitter

 

O recente recoñecemento da Junta de Castilla y León do seu tramo berciano como camiño histórico supuxo a equiparación do mesmo con Galicia e marcou o pistoletazo de saída para a súa difusión integral.

Así, coa chegada da primavera, a Asociación de Municipios do Camiño de Inverno celebra o Día do Camiño 2021 inaugurando as súas redes sociais Facebook e Twitter “Camino Jacobeo de Invierno”, ás que pronto se lles unirá a de Instagram. A primeira publicación recolle unha selección de fotografías con peregrinos ao seu paso por puntos emblemáticos do Camiño de Inverno, desde Ponferrada ata Vedra.

De feito, dende a asociación lembran que o Camiño de Inverno é unha interesante alternativa ao Camiño Francés, especialmente polas “súas belas paisaxes e o seu interesante patrimonio cultural, destacando especialmente As Médulas e a Ribeira Sacra; a súa gastronomía rica e variada; o paso por catro denominacións de orixe vinícolas; e a súa exigua masificación que favorece o cumprimento das medidas sanitarias nos tempos actuais…”, destacan, convencidos de que o Camiño de Inverno “vai ser un imprescindible nos percorridos xacobeos a partir desta primavera”.

Artigos relacionados

Back to top button