ConcellosÚltima hora

O Camiño de Inverno recibirá máis de 1M de euros da Xunta para o seu mantemento e sinalización o vindeiro ano

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo un encontro con membros da directiva da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno a Santiago

 

O director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, vén de manter un encontro co presidente da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno a Santiago, Enrique Álvarez, así como con distintos representantes da entidade cos que, entre outros asuntos, compartiu a folla de ruta da Xunta de Galicia para o vindeiro ano, abordando cuestións de colaboración conxunta para impulsar este itinerario.

Como explicou Merelles, no marco do Plan Director dos Camiños de Santiago 22-27, “o Goberno autonómico ten previsto un investimento que superará o millón de euros para sinalización, mantemento e conservación deste trazado durante o vindeiro ano e que se suma a outras acción transversais incluidas no Plan Director e aos máis de 5,4M€ que a Xunta investiu desde o ano 2015”. Salientou, en concreto, os traballos levados a cabo coa sinalización en pizarra así como o papel do albergue da rede pública de Diomondi que ofrece máis dunha trintena de prazas.

No encontro no que, ademais do presidente Enrique Álvarez, en representación de Vilamartín de Valdeorras, tamén estiveron presentes representantes dos concellos de Quiroga e Sober que forman parte desta entidade, Xosé Merelles manifestou o compromiso do Goberno autonómico para seguir reforzando a colaboración e estudar acción conxuntas para promover a ruta e dinamizar as contornas polas que discorre.

 

Artigos relacionados

Back to top button