En portadaÚltima hora

O ‘Camiño Escolar Seguro’ retómase este xoves 12 de xaneiro no CEIP Condesa de Fenosa do Barco

A policía local cos nenos na rúa Eulogio Fernández, durante a fase de proba.

 

Trala xornada de proba realizada hai un mes, antes das vacacións de Nadal, mañá, xoves 12 de xaneiro recupérase o ‘Camiño Escolar Seguro’ no Barco de Valdeorras.

Trátase dunha iniciativa do Concello do Barco coa colaboración do departamento de Educación Viaria da Policía Local para os centros escolares do municipio, que quedaba paralizada durante a pandemia e que consiste en que os alumnos dos colexios de primaria vaian ao centro camiñando e sos, sen adultos. Para elo e como en anos anteriores, dende a Policía Local solicitan “a colaboración dos comerciantes e hostaleiros que se atopen nas diferentes rutas, para que en caso de necesidade, axuden aos nenos se llo piden”.

O primeiro centro escolar da vila no que se recupera esta iniciativa é o CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa e mañá os cativos irán por dúas rutas: a vermella, polas rúas Eulogio Fernández e Penas Forcadas; e a azul polo Malecón e Barco de Ávila, ata o colexio. Sairán ás 9:40 horas, uns desde o quiosco preto da praza José Otero e outros desde a rúa Santa Rita, esquina Eulogio Fernández.

Artigos relacionados

Back to top button