ConcellosÚltima horaViana do Bolo

O camión con material de primeira necesidade para o pobo ucraíno sae hoxe dende Viana do Bolo

 

Viana do Bolo é outro dos municipios que se están envorcando coa recollida de axuda humanitaria para o pobo ucraíno. De feito, na mañá deste venres 18 de marzo o camión, cargado con diverso material de primeira necesidade, saía con destino Polonia “co obxectivo de chegar o máis pronto posible ás persoas afectadas”, din dende o Concello, agradecendo a Cáritas Diocesana e ás veciñas e veciños “a súa gran implicación na campaña de recollida de axuda humanitaria que tivo lugar nos últimos días no noso concello”.

 

 

Así,  unha vez máis a unión, solidariedade e traballo conxunto fixeron posible o éxito desta iniciativa para axudar ao pobo ucraíno.  O custo do transporte ata o seu destino corre a cargo da Deputación de Ourense.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button