CarballedaConcellosÚltima hora

O campamento infantil de Carballeda de Valdeorras visita a base de helicópteros en Vilanova (O Barco)

 

Continúan as actividades e excursións no campamento intantil de verán que se está a desenvolver en Carballeda de Valdeorras, e na xornada deste martes 3 de agosto tocaba a base de helicópteros en Vilanova (O Barco).

Xa de boa mañá, os ilusionados cativos subían no autobús en Sobradelo para comezar a aventura da xornada xunto aos monitores. Trala viaxe chegaban á base e alí entusiasmados e expectantes, os nenos e nenas que aatendían as explicacións dos axentes, sobre o funcionamento dos helicópteros e tamén sobre o sistema para apagar lumes forestais, para o que que empregan diferentes materiais.

 

 

Ademais de actividades deportivas, lúdicas e de lecer, o campamento que estará activo ata finais de agosto, inclúe saídas e propostas formativas como esta. Iso si, cumprindo en todo momento, as medidas sanitarias fronte ao Covid.

 

Os pequenos atenden ás explicacións dos axentes forestais.

 

Fotos cedidas polo Concello de Carballeda de Valdeorras.

 

Artigos relacionados

Back to top button