DeportesMotociclismoÚltima horaVídeos

O campión do mundo Toni Bou convida á inauguración da área de trial na Estación de Montaña Manzaneda

Será na fin de semana do 18 e 19 de novembro con exhibicións do propio Bou, do galego Jorge Casais e de Rodrigo Marchal

Toni Bou, piloto de trial.

 

Mantendo o obxectivo de “diversificar as súas instalacións para a práctica do maior número de modalidades deportivas, con ou sen neve”, a Estación de Montaña Manzaneda inaugurará na vindeira fin de semana unha área de trial permanente que “potenciará os eventos relacionados con esta disciplina, tanto para motos como para bicicletas”.

E farao coa presenza de pilotos de renome, non só a nivel nacional senón internacional. Trátase de Toni Bou, piloto oficial do equipo Montesa Repsol-Fonda e 34 veces campión do mundo; do galego Jorge Casais, piloto oficial Scorpa, subcampión de España e campión do mundo Jr; e de Rodrigo Marchal, piloto oficial Electric Motion, campión de España TR3.

 

 

Será pois unha fin de semana completa de exhibicións e competición que arrincará o sábado 18 de novembro ás 8:30 horas coas verificacións técnicas e administrativas e co briefing a partir das 11:15 horas. Os pilotos farán unha exhibición a 11:45 horas, interactuando co resto de participantes nos obstáculos da área permanente. Entre as 12:30 e as 18 horas, ademais do desenvolvemento normal da competición de trial, os pilotos farán exhibicións e asesorarán aos participantes. Ás 18:30 horas está previsto o inicio da cerimonia de entrega de premios e, a partir das 19 horas, un concerto.

O domingo 19 de novembro as verificacións realizaranse de 8:30 a 9:30 horas. A competición de trial desenvolverase de 10 a 16 horas coa mesma metodoloxía que a exhibición do sábado. De 16 a 16:30 horas realizarase unha exhibición de despedida dos pilotos invitados coa cerimonia de entrega de premios prevista a partir das 16:45 horas.

Neste enlace pode verse ao propio Toni Bou convidando á afección a asistir á inauguración: https://youtube.com/shorts/hfz78QHQEMk?feature=share

Artigos relacionados

Back to top button