ConcellosParada de SilÚltima hora

O campionato do mundo de aventura, ao seu paso polo concello de Parada de Sil

Entre o luns e o martes, os participantes no Raid Gallaecia atravesaron o municipio a pé e en kaiak

 

Dende o sábado día 2 e ata hoxe sábado 9 de outubro, preto de 100 equipos con case 400 deportistas procedentes de 27 países participaron no campionato do mundo de aventura, a Raid Gallaecia-AR World Championchip 2021, nunha edición récord en canto a participación na historia das carreiras de aventura e onde Ourense tivo un especial protagonismo, xa que dos 630 quilómetros dos que consta a proba 260 discorreron por 21 concellos da provincia.

Conxugando orientación, aventura e resistencia nas disciplinas de trail, bicicleta de montaña, kaiak de mar e río, coastering e cordas, a edición deste 2021 arrancaba o día 2 en Monforte de Lemos para entrar ao día seguinte xa de madrugada na provincia de Ourense por Valdeorras atravesando o monte de Vilamartín e percorrendo o centro da Rúa rumbo a Petín e Larouco ata chegar a Cabeza de Manzaneda.

 

 

E xa entre o luns e o martes, 4 e 5 de outubro, os intrépidos deportistas percorrían parte do concello de Parada de Sil, na modalidade de kaiak, para completar máis de 90 quilómetros dende San Clodio (Ribas de Sil) ata Laias, pasando entre outros puntos pola capital da provincia.

No concello de Parada, tocaban terra na desenvocadura do Río Mao, onde tiñan un punto de control, a base deste deporte de aventura que en febreiro de 2022 celebrará unha nova edición, en Panamá, tal como avanzan dende a organización, calificando a edición española como de “exitosa”, sen apenas incidencias destacables.

E hoxe, tras sete días de esforzo, emocións e superación, a Raid Gallaecia-AR World Championchip 2021 chegaba ao final no Parrote, A Coruña, con iversas actividades antes da entrega de premios e clausura. O equipo gañador é Swedish Armed Forces Adventure Team.

Fotos: World Champiochip 2021/ Antonio Aradas.

Artigos relacionados

Back to top button