DeportesÚltima hora

O Campionato Galego de Remo de longa distancia reunirá en Castrelo de Miño a uns 150 deportistas

A proba celebrarase este domingo 5 de febreiro entre as 11 e as 14 horas

Remo en Castrelo de Miño./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O encoro de Castrelo de Miño acollerá este domingo, 5 de febreiro, o Campionato Galego de Remo de longa distancia, organizado pola Federación Galega de Remo e o Club Náutico Castrelo de Miño.

A presentación deste campionato tivo lugar esta mañá no Pazo Provincial coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos; o vicepresidente da Federación Galega de Remo Miguel Balsa; o xefe provincial do servizo de Deportes da Xunta, Manuel Pérez; e César Fernández, vicepresidente segundo e responsable dos asuntos de cooperación cos concellos do Ribeiro.

Este campionato galego terá lugar entre as 11 e as 14 horas do domingo -sempre que a néboa non adíe o seu inicio-, e reunirá a uns 150 deportistas de 14 clubs galegos, sumando un total de 97 embarcacións inscritas entre as diferentes categorías e modalidades. A distancia da proba será para todas elas de 5.000 metros e ao remate producirase a entrega de medallas.

 

Manuel Pérez, Miguel Balsa, Manuel Baltar, Avelino Pazos e César Fernández na presentación.

 

Artigos relacionados

Back to top button