ConcellosTrivesÚltima hora

O campo de fútbol O Agro de Trives contará con vestiarios e aseos adaptados e favorecerá a inclusión

O Concello acometerá as obras de reforma

Campo de fútbol O Agro de Trives.

 

O deporte gaña cada vez máis adeptos na Pobra de Trives, sendo moitos os nenos que optan polo fútbol como actividade, tendo ao CD Trives como referente. “Máis de medio cento de cativos e cativas forman parte das escolas deportivas e adestran diariamente nun campo que actualmente non presenta as mellores condicións”, aseguran dende o Concello destacando que “as instalacións do campo de fútbol O Agro, de titularidade municipal, atópanse completamente obsoletas (non se renovaron dende a súa construción na década dos anos 80) e precisan unha remodelación, motivo polo que o executivo local solicitou á Xunta de Galicia unha subvención que vén de ser aprobada”. O importe da axuda é de 49.721 euros e o Concello aportará outros 22.418 euros.

Tal e como se explica na memoria do proxecto para a reforma das instalacións deportivas, as obras son necesarias para un uso “sen riscos, evitando que os xogadores de fútbol pasen frío no inverno e calor no verán e que conten cuns vestiarios, aseos, duchas e salas en condicións que hoxe non teñen”. Favorecer a inclusión daquelas persoas con mobilidade reducida é outro dos obxectivos que se persegue coa reforma.

 

Artigos relacionados

Back to top button