En portadaÚltima hora

O campo de voluntariado de Vilariño de Conso recibe a visita da directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel

Os participantes realizan labores encamiñadas á conservación do medio

 

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou esta mañá ao grupo de mozas e mozos que participan nos campos de voluntariado centrados no turismo sostible e medioambiental, que se están a desenvolver nos municipios ourensáns de Vilariño de Conso e Pereiro de Aguiar.

Ambos campos comezaron a finais de xullo e rematarán nos vindeiros días, logo de 12 de días de actividades. Os participantes no campo de voluntariado “Glaciar do Cenza”, en Vilariño de Conso, realizan labores encamiñadas á conservación do medio, difusión e posta en valor dos recursos etnográficos e patrimoniais que existen neste concello. Desta maneira, realizan tarefas de limpeza, acondicionamento de rutas de sendeirismo e sinalización de sendeiros, entre outros.

 

Os participantes xunto coa alcaldesa, Melisa Macía, ensinando os seus traballos.

 

Así mesmo, desde que comezou o campo de voluntariado tamén realizaron outras actividades de ocio como obradoiros de elaboración de pan e tratamento de coiro, xornadas en piragua e bicicleta e excursións ao Parque do Invernadoiro e ao museo Etnográfico de Vilariño de Conso.

Máis información e fotos: https://osil.info/vilarino-de-conso-acolle-o-campo-de-voluntariado-glaciar-do-cenza/

Fotos cedidas

 

Artigos relacionados

Back to top button