En portadaÚltima hora

O Campo (O Barco de Valdeorras) tamén honra a San Antón

As altas temperaturas marcaron a celebración da eucaristía na tarde deste luns 13 de xuño, no pavillón de Calabagueiros

 

Invocado entre outras cousas para atopar obxectos perdidos, San Antonio de Padua é un dos santos máis venerados, de feito só en Valdeorras hai varias localidades que lle renden culto. O sábado facíano en Sobradelo, esta mañá en Riomao (A Veiga) e Fontei (A Rúa), e pola tarde O Barco de Valdeorras no barrio do Campo.

 

A xente botaba man do abanico para soportar as altas temperaturas.

 

Os anos pasan, cambia a vida social e a situación da poboación, mesmo cambian os párrocos, pero o que permanece inalterable é a devoción e as tradicións. Así tras dous anos sen levarse a cabo debido ás restricións do Covid 19, neste 2022 a celebración de San Antón recuperábase neste barrio barquense co acto central coma sempre no pavillón polideportivo de Calabagueiros, transformado nun improvisado templo.

 

Asistentes á celebración na honra a San Antón.

 

Un momento da eucaristía no pavillón de Calabagueiros.

 

Marcada polas altas temperaturas, inusuais para esta época do ano (os termómetros pasaban dos 35º) a eucaristía arrancaba ás oito da tarde deste luns 13 de xuño presidida polo novo párroco do Barco, Jesús Álvarez, contando asemade coa presenza doutros tres sacerdotes, entre eles o párroco de Rubiá. Coma sempre, durante a solemne celebración tiña lugar a bendición de familias, nenos, noivas, pans e veas, xa que San Antonio é coñecido como “o santo do mundo” por ser venerado en diferentes países, pero tamén como protector do ser humano en xeral.

 

‘A Barca’ no barrio de O Campo.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button