Esperando que sexa “unha moi boa tempada” na división de honra B, o Campus Universitario Ourense apura a pretempada. Os rapaces de David Monreal xogaban este sábado o último partido amigable da pretempada contra o CRAT da Coruña, o segundo encontro en dúas semanas entre os dous equipos galegos, que disputaban no campo de Arteixo.
Tal como explican dende o club de rugby ourensán, foi un partido igualado no que os dous equipos contaban con baixas e loitaron “nunha tarde de calor na que se desfrutou dun partido entretido” que remataba co 6-4 para os locais. Coma sempre, o terceiro tempo celebrouse nas instalacións do equipo local.
A próxima cita será xa en plena competición ligueira, no primeiro derbi rexional da tempada en terras olívicas contra o Kaleido Vigo RC que terá lugar o domingo 16 ás 12h. Un partido para o que o míster xa contará cos novos xogadores neozelandeses.
Fotos: Campus Ourense Rugby.