PolíticaÚltima hora

O candidato do PP á alcaldía de Ourense presenta o seu proxecto “Aposta de futuro”

 

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Ourense, Manuel Cabezas, presentaba na mañá deste mércores 12 de abril o seu proxecto “Aposta de futuro”, que recolle 66 medidas enmarcadas en 14 áreas. “Aquí están compendiados proxectos tremendamente importantes para a cidade e ímolos a facer, porque temos experiencia, capacidade de xestión e de diálogo con outras administracións”, dixo na rolda de prensa.

Manuel Cabezas explicou que as catorce áreas están deseñadas para ter á fronte a un concelleiro “que xestione e responsabilícese das súas competencias, o cal é indispensable para desenvolver un traballo estable e con eficacia durante catro anos”. A súa proposta, un documento vivo que poderá nutrirse de novas achegas, “nace de escoitar a moitísimos colectivos e persoas que nos expuxeron as súas ideas, como fixeron os mozos de Novas Xeracións”. O proxecto, detallado en formato despregable, “non quedará no papel; estaremos en 15 espazos da cidade, explicándoo de ti a ti coa xente”.

O candidato defendeu que os investimentos nas cidades, ademais de atender as necesidades dos cidadáns, teñen que ir dirixidas a xerar emprego e actividade económica, “non só estacional senón durante todo o ano”. Este plan, insistiu, “vai facer si ou si, porque se fará con recursos propios, os que existan, e coa axuda doutras administracións”.

Artigos relacionados

Back to top button