Durante esta visita o presidente do PP de Ourense destacaba “a colaboración económica e técnica da Deputación na procura dunha solución ao arranxo da estrada de San Agostiño”
O presidente do PP de Ourense e candidato á presidencia da Deputación, Manuel Baltar, visitaba na mañá do 13 de maio Viana do Bolo. Acompañado poño cabeza de lista do PP en Viana do Bolo nas vindeiras eleccións municipais, Andrés Montesinos, percorría a vila.
Baltar destacaba “a colaboración económica e técnica da Deputación na procura dunha solución ao arranxo da estrada de San Agostiño, proxecto no que o principal interesado debería ser o concello, pero no que só a oposición traballou impulsando unha comisión de seguemento”.