CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O capitán do CD Barco recupérase tras ser operado do xeonllo esquerdo

Rubén García lesionábase no amigable disputado o 3 de xaneiro contra o filial da Ponferradina en Calabagueiros

O capitán do CD Barco saíndo do campo de fútbol de Calabagueiros trala lesión. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Na tarde do 3 de xaneiro disputábase no campo de Calabagueiros un partido amigable entre o CD Barco e o filial da Ponferradina. Era o primeiro test de nivel do ano para os rapaces de Manolo Pérez, que se saldaba cunha vitoria (2-1) e a lesión do capitán, Rubén García, no xeonllo esquerdo.

Aínda que saía do terreo de xogo polo seu propio pé, collido iso si por dous membros do corpo técnico, a dor que sentía o xogador non facía presaxiar nada bo. Con todo, tardábase en saber o diagnóstico exacto e non era ata onte, trala operación, cando realmente se coñecía o alcance da lesión. Tal como explica o club barquense dende as redes sociais, Rubén “foi operado da rotura do ligamento cruzado e de ambos meniscos do seu xeonllo esquerdo”.

Malia o complexo da lesión, tal como indica o propio presidente do club, Nilo Ramos, “foi máis do esperado pero todo saiu ben e agora toca recuperarse”, di.

 

Rubén García trala operación de xeonllo.

 

Artigos relacionados

Back to top button