ConcellosÚltima hora

O carácter excepcional das pinturas rupestres de Casaio explicarase nunha conferencia no Barco

Terá lugar o vindeiro 18 de xuño ás oito da tarde no edificio multiusos e será organizada polo Instituto de Estudios Valdeorreses
O investigador Carlos Tejerizo xunto á parede da Pala de Cabras, onde se atoparon as pinturas de Casaio./ Foto: Carlos G. Hervella.

Os primeiros resultados da análise sobre as pinturas esquemáticas prehistóricas de Pala de Cabras en Casaio (Carballeda de Valdeorras) daranse a coñecer no Barco o vindeiro martes 18 de xuño ás oito de tarde, tal e como se informa dende o Instituto de Estudios Valdeorreses.

Será no decurso da conferencia “As pinturas rupestres de Casaio. Un descubrimento excepcional”, que se desenvolverá no salón de actos do edificio multiusos do Barco. Nela participarán Francisco Alonso Toucido (Escola Arqueoloxia, SL), Manuel Santos-Estévez (da Universidade de MInho, Portugal), un dos maiores expertos en representacións artísticas prehistóricas no noroeste peninsular, e Carlos Tejerizo García (Instituto de Ciencias del Patrimonio), doutor en arqueoloxía e director do proxecto Sputnik Labrego.

Estas pinturas foron descubertas en febreiro por parte dun equipo integrado por investigadores do Instituto de Ciencias do Patrimonio e da empresa Estela Arqueoloxía dentro dun proxecto de investigación sobre as paisaxes da guerrilla antifranquista que desenvolve Sputnik Labrego.

O acto será presentado polo responsable da sección de Arqueoloxía do IEV, José Fernández.

Artigos relacionados

Back to top button