Sanidade

O Carballiño axudará ás familias sen recursos a pagar os medicamentos dos seus fillos

O importe da axuda será de 120 euros por cada membro da unidade de convivencia
As axudas concédense a través da concellería de Benestar Social do Carballiño.

A concellería de Benestar Social, Igualdade e Sanidade do Concello do Carballiño pon en marcha, en colaboración coa Xunta de Galicia, un programa de axudas ás familias con menores ao seu cargo para poder pagar medicamentos. En total, destínanse 11.000 euros, dos cales 2.000 euros os aporta o concello e os 9.000 euros restantes, a Xunta.

O programa consiste na xestión de axudas económicas ao cofinanciamento do 40% dos medicamentos financiados polo Sistema Nacional de Saúde e prescritos a través de receita ás familias con menores a cargo que atravesen dificultades económicas e que estean empadroadas no Concello do Carballiño.

As familias non deberán superar os limiares de ingresos a que se refire o artigo 12D da lei 1072013, do 27 de novembro , de inclusión social de Galicia, e que teñan menores de 16 anos o seu cargo.

A axuda será de 120 euros por cada membro da unidade de convivencia.

Para máis información, dende o Concello indican que hai que dirixirse a área de Servizos Sociais do concello do Carballiño.

Artigos relacionados

Back to top button