CulturaCulturaÚltima hora

O Carballiño e Barbadás, dentro do Circuíto Galego de Teatro Amador 2017

A vila do pulpo acollerá este circuíto do 2 ao 24 de setembro e, do 30 de setembro ao 2 de outubro, estarán en Barbadás
O circuito está organizado pola Fegatea.

O Circuito Galego de Teatro Amador 2017 xa ten confirmadas as súas datas para os concellos ourensáns. En concreto, estarán no Carballiño no do 2 ao 24 de setembro e do 30 de setembro ao 21 de outubro en Barbadás. As citas ourensás súmanse a un total de 60 espectáculos nas catro provincias galegas, a cargo de compañías que conforman a Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea).

Esta décimo primeira edición, que conta co apoio da Secretaría Xeral de Cultura, bota a andar no Porriño (Pontevedra) e logo continuará polos diferentes concellos galegos.

Axóuxere Teatro, O Aturuxo de Melpómene, Chumpá Teatro, Tiruleque Teatro, Porta Aberta, A.C.X. Enxebre, Falcatrueiros, Atrezo Teatro, O Trasno Novo Teatro, Teatrino, Teatro Escoitade, Andaravía Teatro, Max Teatro e o Club de Lectores da Biblioteca de Antas de Ulla son os encargados de organizar a programación do circuíto nos 13 concellos que acollerán a programación deste ano.

A actividade desenvolvida por Fegatea tamén inclúe unha liña de formación, en colaboración coa Escola Superior de Arte Dramática, a través da que se programan diversos cursos de verán. A oferta deste ano inclúe un curso de dirección escénica e dramaturxia que será impartido, entre o 3 e o 7 de xullo, por Xavier Castiñeira e Esther Carrodeguas, e mais un curso de voz e mimo, do 10 ao 14 de xullo, a cargo dos profesores Fran Peleteiro e mais Alicia Corral.

Artigos relacionados

Back to top button