ConcellosÚltima hora

O Carballiño inaugura con títeres e música a I Feira Medieval A Liorta

A Praza Maior acollerá mañá ás 21h unha representación teatral do conflicto histórico no que se enmarca o evento
Cartel da Feira Medieval A Liorta, que arrinca mañá.
Cartel da Feira Medieval A Liorta, que arrinca mañá.

O Carballiño viaxa esta fin de semana no tempo coa I Feira Medieval A Liorta. O evento inaugúrase mañá con pasarrúas, títeres e música, e estenderase até o día 10. Representacións teatrais, 80 postos de artesania, xogos e exposicións completan a programación.

Baixo o lema A Liorta, a feira nace coa vontade de lembrar un conflicto histórico: unha pelexa xerada séculos atrás entre os frades de Oseira e diversas xurdisdiccións polo cambio da feira dende Cea até O Carballiño. A historia será escenificada mañá na Praza Maior, ás 21h, e contará con participantes de Aspidisi.

Por outra banda, o comezo da feira será sobre as 17h. Un total de 80 postos de artesanía estableceranse pola rúa do Paseo e Curros Enríquez, até a praza da Vera Cruz. Neste último punto establecerase a zona de ocio infantil, con xogos para os máis cativos e exposicións.

O ambiente será clave nesta primeira edición da feira medieval carballinesa. Así, dende o departamento de Cultura do Concello fan un chamamento aos veciños para que aqueles que o desexen, participen vestidos de época.

Artigos relacionados

Back to top button