Concellos

O Carballiño mantén o descenso das infraccións penais na comarca

É unha das conclusións que amosan os datos estatísticos expostos na xunta local de seguridade celebrada co subdelegado do Goberno na vila
No centro da imaxe, o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e o xefe territorial de Presidencia, Manuel Pardo.
No centro da imaxe, o concelleiro de Turismo, Xosé Manuel Dacal, o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e o xefe territorial de Presidencia, Manuel Pardo, escoltados por membros dos Corpos de Seguridade.

As infraccións penais seguen a descender na comarca de O Carballiño. Son datos estatísticos amosados durante a xunta local de seguridade que se celebrou hoxe na casa consistorial da vila ourensá. Na devandita reunión estiveron presentes o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, o alcalde da vila, Francisco José Fumega, e o xefe territorial de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Manuel Pardo, así como outros membros do goberno local como o edil de Turismo, Xosé Manuel Dacal. De igual xeito, participaron membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e da Policía Local.

Os informes expostos amosan que a totalidade de infraccións penais marca unha tendencia á baixa, con 19 puntos menos. Os delitos contabilizados descenden levemente, dous puntos, mentres os delitos leves diminúen ate os 17 puntos. Tamén descenden as infraccións penais sen delito contra a seguridade vial e as infraccións administrativas. Así mesmo, é menor o número de detidos e imputados.

Castro agradeceu ás Forzas E Corpos de Seguridade do Estado e á Policía Local “o magnífico traballo diario desenvolvido a prol do benestar da cidadanía reflectido nas estatísticas que hoxe acabamos de coñecer”. Animoutos a seguir incidindo na mesma tarefa “de compromiso, tanto no campo da investigación de casos pendentes como no eido preventivo de cara ao futuro.”

Artigos relacionados

Back to top button