ConcellosÚltima hora

O Casco Vello do Barco prepárase para a festa desta fin de semana

Unha pantalla xigante permitirá ver na praza o partido España-Portugal do Mundial de Fútbol
Sesión vermú da I edición da Festa do Casco Vello do Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Só falta un día falta para que abran as portas da II Festa do Casco Vello do Barco de Valdeorras. Mañá, venres 15 de xuño ás oito da tarde arrancará a cita que mestura música e gastronomía e que se estedenderá ata o domingo día 17 pola tarde.

O programa arrancará coa apertura das casetas de comida e bebida na praza Maior ao tempo que se habilitará unha zona infantil gratuíta na praza do Sagrado. E xa ese día presentarase a primeira novidade. “Aproveitando que xogan España e Portugal no Mundial de Fútbol, decidimos instalar unha pantalla xigante que poremos na praza para que a xente que veña á festa poda desfrutar do encontro”, adiantaba Manuel Páramo na presentación do evento. Seguindo coa programación do venres, para as 22h. está previsto o pregón a cargo de Xosé Luis Suárez “Sito”, dando comezo o apartado musical en torno ás 23h. Comezará coa actuación do grupo Denominación de Origen Band de Pontevedra, e o prato forte chegará na medianoite con Five Strings Band.

Máis información no seguinte enlace: https://osil.info/mais-musica-e-gastronomia-na-ii-edicion-da-festa-do-casco-vello-do-barco/

Artigos relacionados

Back to top button