ConcellosO BarcoÚltima hora

O Casino do Barco acolle a cea anual da Asociación Española contra o Cancro en Valdeorras

 

Un total de 107 persoas participaban na noite do 6 de maio na cea benéfica que acostuma organizar anualmente en Valdeorras a Asociación Española contra o Cancro (AECC) para recadar fondos. Desta volta este evento tiña como escenario o Casino do Barco e retomábase logo de tres anos sen poder celebrarse por mor da pandemia do Covid-19.

Os asistentes compartían mesa e desfrutaban dun menú, servido por Mantesil e que incluía os seguintes pratos: embutidos, langostino, redondo de tenreira con guarnición de verduras. Estes pratos estaban acompañados polos viños de Viñaredo (Adega Santa Marta) e, como sobremesa, doces de Lambone. Estas dúas empresas valdeorresas facían unha doazón dos viños e sobremesas servidas.

 

 

Durante a cea a presidenta da delegación valdeorresa da AECC, Gloria Pérez, agradecía a resposta da sociedade valdeorresa. “Quero darlle as grazas á xente de Valdeorras polo seu apoio tanto neste caso como en cada unha das iniciativas que leva a cabo a asociación, tamén ás voluntarias que están sempre detrás de cada actividade que se leva a cabo; aos establecementos do Barco e da Rúa que doaron diversos produtos para o sorteo desta cea e á Asociacion Casino do Barco por ceder o local para celebrar a cea”.

 

 

Entre as persoas asistentes ao acto estaban os alcaldes do Barco, Alfredo García, e da Rúa, Álvaro Fernández, e así como o presidente da AECC en Ourense, Germán Rodríguez-Saá. A presidenta da AECC en Valdeorras tamén lles expresaba o seu agradecemento pola súa presenza e apoio á asociación.

A cea finalizaba cun sorteo entre as persoas asistentes do medio cento de artigos doados por empresas valdeorresas

Fotos: Carlos G. Hervella agás as tres últimas da galería, que son cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button