CulturaCulturaÚltima hora

O Casino do Barco elixe á AFEM Morea “Barquense do Ano 2023”

O CD Barco recibirá un accésit

Os presidentes do Casino e do IEV, Pablo Dobao e Aurelio Blanco Trincado, na I Festa do Caldo Ilustrado./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Tal como estaba previsto, no decurso da sobremesa da I Festa do Caldo Ilustrado que se celebraba este sábado 14 de xaneiro, o Casindo da directiva do Casino do Barco daba a coñecer o nome do “Barquense do Ano 2023”: AFEM Morea.

“Na directiva partimos dunha vintena de propostas (asociacións e persoas físicas) e fomos descartando ata que nos quedaron tres, unha non recibiu nungún voto, a gañadora foi Morea e segundo quedou o CD Barco a quen lle daremos un accésit”, di o presidente do Casino, Pablo Dobao, explicando que se decantaron por esta asociación que leva no Barco dende o ano 2003 “porque fai un labor moi bo e non lle teñen feito moitos recoñecementos a pesar de que o merece tanto como outros colectivos aos que se lles concedeu noutras ocasións, incluso máis se cabe, xa non só polo labor que fan cos usuarios senón pola axuda que supón para as familias, porque fan actividades no centro (deporte, teatro,…)”.

Así, décadas despois da última edición, o “Barquense do Ano” regresa para “un colectivo que o merece”, sentencia Dobao.

 

Artigos relacionados

Back to top button