
Chegadas estas datas e coma sempre co ánimo e ilusión dun novo ano a Sociedade Casino O Barco da a coñecer o nome do Barquense do Ano 2024. Tal como asegura a directiva, presentáronse varios candidatos sendo elixido por unanimidade a José Luis Gómez, coñecido por todos como Victoria, “pola súa longa traxectoria como cabeza visible e referente do baloncesto ao longo de máis de 40 anos. Polo seu bo facer, non só a nivel deportivo, senón pola boa persoa que é e polo ben que ten representado ao Barco de Valdeorras por todos os rincóns de Galicia, cidades e pobos, sendo un gran embaixador para a nosa vila”, en palabras do presidente do Casino Pablo Dobao.
A entrega do galardón terá lugar nun acto que se celebrará entre os meses de marzo e abril.
Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.