ConcellosO BoloÚltima horaVídeos

O Castelo do Bolo ilumínase polas festas de agosto

 

Dende o sábado día 12 e ata hoxe O Bolo celebra por todo o alto a festas na honra á “Nosa Señora”, cun xantar popular, teatro, unha feira histórico-gastronómica e moita música.

Os días centrais foron onte e hoxe e con este motivo a Torre do Castelo permanece iluminada con festivas luces de cores que van cambiando, dando vistosidade ao histórico edificio.

Neste xoves 16 de agosto houbo pasarrúas da charanga El Tatoo e pola tarde actuará a orquestra Galilea, que dará un pase tamén na verbena, rematando a noite ao ritmo da Disco Danzalia “A Pimentoneta”.

 

 

Vídeo cedido.

Artigos relacionados

Back to top button