CulturaCulturaÚltima hora

O Castro de Cereixa (A Pobra do Brollón), escenario no verán dun novo campo de voluntariado

Castro de San Lourenzo (Cereixa, A Pobra do Brollón)./ Cedida.

 

Entre os campos de voluntariado que no vindeiro verán se desenvolverán na provincia de Lugo estará o do Castro e Romaría de San Lourenzo (Cereixa, A Pobra do Brollón), que terá lugar entre os días 1 e 12 de agosto. “Neste campo de voluntariado as persoas participantes involúcranse cunha pequena comunidade rural para axudar na posta en valor do seu castro, así como na organización da Romaría de San Lourenzo que se realiza no propio xacemento”, segundo a información publicada pola Xunta de Galicia. Esta será a sexta edición deste campo.

Ademais, na provincia de Lugo terán lugar outros 7 campos de voluntariado: en Folgoso do Courel (Castro da Torre), Pantón (Castro de Guítara), Quiroga (Pena Furada), Palas de Rei (Xuventude e Camiño), Friol (Friulio), Guitiriz (Da Auga e da Pedra) e Castro de Rei (Castro de Viladonga).

Artigos relacionados

Back to top button