Outarelo (O Barco) prepárase xa para celebrar unha nova edición da Romaría de San Francisco Blanco, mártir do Tameiron (A Gudiña) e avogado da dor de cabeza prevista para o primeiro sábado de febreiro.
O triduo celebrarase do 29 ao 31 de xaneiro ás 17:30 horas, e o día central será o día 1 con misas ás 10:30 e Ás 11:30 horas, antes do momento estelar xa no mediodía, esperado polos devotos de San Francisco Blanco. Ás 12:30 horas comezará a procesión coa imaxe e reliquia (cráneo) do santo polo pobo, acompañada pola de San Andrés (imaxe recén restaurada) que rematará coa eucaristía.
Como todos os anos ese día haberá polbo e churrasco na praza do pobo así como as tradicionais “rosquillas” nos postos diante da capela. O grupo de gaiteiros Celtas Largos amenizarán a romaría.
O domingo 2 de febreiro, haberá misa de San Antón ás 13:15 horas.