EconomíaEconomíaÚltima hora

O CCA do Carballiño escolle a Praza da Veracruz para celebrar a súa pasarela

Case unha trintena de establecmentos asociados amosarán os seus produtos para a nova temporada e o acto será presentado por Teté Delgado
Manu Varela, Julián Garriga, Adolfo Nogueira e Noelia Mares.

O Carballiño despregará unha grande pasarela esta fin de semana. Ao redor dun centenar de modelos participarán este venres, 9 de xuño ás 21:00 horas, na 5ª Pasarela do Centro Comercial Aberto. Nenos e nenas, seleccionados nun cásting, e modelos da Axencia Luena exhibirán peiteatos, prendas de vestir, zapatos e complementos dos 27 establecementos asociacios ao CCA que interveñen neste desfile.

O espectáculo será presentado pola actriz Teté Delgado, e contará tamén coas actuacións dos artistas David Royo e Alba Fernández, así como do grupo de danza oriental ENKA.

O evento foi presentado hoxe, 7 de xuño, no propio escenario da pasarela, na Praza da Veracruz, polo presidente do CCA, Julián Garriga; o concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira; o director da Axencia Luena, Manu Varela, e a xerente do CCA, Noelia Mares.

Julián Garriga dixo que se trataba “dun magno acontecemento” no que ían participar 27 establecementos (cinco máis que na pasada edición) de todos os sectores: textil, calzado, xoias, froles, perruquería, papelería, etc. O presidente convidou aos veciños do Carballiño e da comarca a asistir ao evento, e agradeceu a colaboración das institucións: Secretaría de Comercio da Xunta; Concello do Carballiño; Federación de Comercio de Ourense; a CEO e a Deputación Provincial, ademáis da Axencia Luena.

Manu Varela amosou a súa gratitude por convidalo a participar un ano máis no desfile, e resaltou “a importancia do espectáculo”, con artistas destacados, modelos e os máis de cen nenos e nenas que acudiron dende toda Galicia ao cásting para a selección. “É un grande espectáculo para todos os públicos”, dixo, “que exaltará a calidade do comercio carballiñés”.

Noelia Mares agradeceu sobre todo a fidelidade dos asociados ao CCA, sinalando que moitos repiten “polos bos resultados acadados tras a última pasarela, e que outros novos sumáronse pola ampla repercusión deste evento”. Por isto reiterou a invitación ao público para acudir ese próximo venres á Praza da Veracruz.

Finalmente, Adolfo Nogueira referiuse ao excelente traballo que estaba a desenvolver o CCA, e que “esta pasarela era o mellor escaparate para o comercio do Carballiño, que está moi vivo e ten un gran dinamismo”, segúndo dixo. Asemade, destacou a colaboración de todos os estamentos do concello para contribuir ao éxito do desfile.

Artigos relacionados

Back to top button