ConcellosO BarcoÚltima hora

O CCA do Barco sortea dous vales de 25 euros para a investir en “Entretendas”

Esta actividade terá lugar o vindeiro venres, 7 de agosto, nos establecementos e rúas da vila

Publicidade

O Centro Comercial Aberto (CCA) do Barco sortea dous vales de 25 euros para investir na actividade “Entretendas” que se celebrará o vindeiro venres, 7 de agosto, nos establecementos e rúas da localidade. O sorteo é a través de Facebook, onde os usuarios teñen que comentar nunha publicación durante hoxe e mañá, días 5 e 6 de agosto.

 

Vales para investir en “Entretendas”.

 

A organización comunicará o gañador a mañá do venres 7, e os vales poderán investirse nos establecementos asociados ao Centro Comercial Aberto durante a celebración do “Entretendas”. A organización tamén sorteará agasallos doados polos establecementos adscritos: un tratamento facial (Ana de la Puente), unha tarta de gominolas (Chuches Ale), un foulard (Can-Can), unha carteira de man de “Valentino” (Estética Pamen), e un bolso de “Naf-Naf” (Boutique Suá).

Artigos relacionados

Back to top button